InicioTerra CháGuitirizFerido o condutor ao envorcar co camión que manexaba en Guitiriz

Ferido o condutor ao envorcar co camión que manexaba en Guitiriz

Cando circulaba pola autovía A-6 á altura do municipio lugués de Guitiriz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dun camión resultou ferido ao envorcar co vehículo que manexaba cando circulaba pola autovía A-6 á altura do municipio lugués de Guitiriz. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 13,00 horas deste luns á altura do quilómetro 531 da A-6, en Trasparga.

O condutor puido saír polos seus propios medios do interior do camión para poder recibir atención sanitaria por parte dos profesionais Urxencias Sanitarias 061 desprazados ao lugar.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...