InicioLugo e contornaUn home sofre queimaduras ao tratar de acender unha caldeira de leña...

Un home sofre queimaduras ao tratar de acender unha caldeira de leña en Sarria

Na parroquia de San Xulián de Veiga, no municipio lucense de Sarria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido tras sufrir queimaduras cando trataba de acender unha caldeira de leña situada no garaxe da súa vivenda, na parroquia de San Xulián de Veiga, no municipio lucense de Sarria.

Segundo informou o 112 Galicia, o ferido trataba de acender a caldeira cando o lume lle saltou á roupa, o que lle provocou diversas queimaduras no corpo.

Foi un particular quen, ao fío das 19.20 horas deste sábado, solicitaba asistencia para un home que se queimou. Así, ao ter coñecemento dos feitos, os operadores do 112 mobilizaron aos Bombeiros de Sarria e aos servizos sanitarios, así como á Policía Local, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Unha vez extinguido o lume, os bombeiros procederon a arrefriar a zona e confirmaron á central de emerxencias que se queimaron bolsas e diversos materiais que había ao redor da caldeira. Ademais, indicaron que o home fora trasladado.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...