InicioLugo e contornaLugoO BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para defender ás titulacións do...

O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para defender ás titulacións do Campus de Lugo

Así o avanza a deputada electa por Lugo Montserrat Valcárcel.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG presentará unha iniciativa no Parlamento de Galicia para “defender a singularidade das titulacións, estudos e investigacións” do Campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Así o avanza a deputada electa por Lugo Montserrat Valcárcel, despois de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado 8 de febreiro publicásese a acreditación do Campus da Universidade de Vigo en Ourense como campus de especialización en auga e alimentación.

Nesta orde, a Xunta explicita a súa “intención de potenciar a oferta formativa” do campus ourensán ao redor destes ámbitos, por exemplo a posta en marcha de titulacións como o grao en Enxeñaría Agraria e en Tecnoloxía dos Alimentos, así como o Máster en Viticultura e Enoloxía, entre outros.

A deputada electa do BNG, que foi vicerreitora da USC no Campus de Lugo, advirte que existe así “unha duplicidade de titulacións que ata agora nunca fora permitida pola Xunta”. Isto demostra, asegura Valcárcel, que o PP de Ourense “ten moito máis poder que o de Lugo”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...