InicioPolíticaUn home ao que non coñecía, e ao que se busca, agride...

Un home ao que non coñecía, e ao que se busca, agride a unha moza en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes iniciaron esta madrugada a procura en Lugo dun home por unha presunta agresión a unha moza mentres se atopaba na rúa cuns amigos, segundo informa a Policía Local tras recibir un aviso en relación a estes feitos.

Na madrugada deste venres, sobre as 05,00 horas, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno recibiu un aviso dunha moza no que relataba que cando se atopaba en compañía duns amigos “recibira tres puñadas na cabeza”.

Os mesmos foron por parte dun individuo ao que non coñecía e do que só puido dicir que tiña o cabelo castaño e que portaba na man unha botella ou unha arma branca. A muller non necesitou ningún tipo de asistencia médica, explica a Policía Local. Respecto ao home, varios indicativos policiais iniciaron unha procura pola zona, a rúa Bispo Aguirre, “sen que fose posible localizar ao presunto agresor”.

Por outra banda, ás 13,15 horas do xoves, día 22, axentes do indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio auxiliaron a un home, de 80 anos de idade, que caeu no interior dun garaxe debido a un mareo e presentaba unha ferida na cabeza. O ancián foi atendido no lugar e posteriormente trasladado ao HULA.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...