InicioLugo e contornaLugoA CIG denuncia un ataque con ovos á caravana das traballadoras da...

A CIG denuncia un ataque con ovos á caravana das traballadoras da limpeza de Lugo

Levan máis de tres meses en folga para reclamar "un convenio digno".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG denunciou un ataque con ovos á caravana das traballadoras da limpeza de Lugo, que levan máis de tres meses en folga para reclamar “un convenio digno”.

O sindicato nacionalista emitiu un comunicado no que rexeita e condena este suceso “covarde e insolidario” e avanzou que estuda presentar denuncia ante a policía.

Segundo detalla a central sindical, esta caravana está instalada fronte á chaira do edificio multiusos da Xunta desde o pasado 21 de novembro co obxectivo de dar visibilidade ás reclamacións das traballadoras da limpeza, que piden a intervención da administración autonómica no conflito.

Ademais, tamén serve como punto de encontro do colectivo e nela permanece durante a mañá e a tarde un piquete de traballadoras, a modo de recordatorio de que seguen en pé “por unhas condicións salariais e laborais xustas”.

“A caravana non lle molesta nin lle estorba a ninguén, a persoa ou persoas ás que se lles ocorreu lanzar os ovos son un claro exemplo de insolidariedade. É un acto indigno que repudiamos de pleno”, afirmou Asunción Castiñeira, representante da CIG.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...