InicioPolíticaLara Méndez deixará a Alcaldía para concorrer nas listas do PSdeG ás...

Lara Méndez deixará a Alcaldía para concorrer nas listas do PSdeG ás eleccións autonómicas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, deixará a Alcaldía da cidade para concorrer nas listas do PSdeG ás eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press. A decisión foi avanzada por ‘El Progreso’ e prevese que a tamén vicesecretaria xeral do PSdeG concorra como número dous da lista socialista pola provincia de Lugo, que encabezará o candidato á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro.

Precisamente, a rexedora convocou unha rolda de prensa na tarde deste luns na sede do PSOE para dar a coñecer a súa decisión. Ademais, nesta xornada tamén terá lugar a reunión da executiva socialista provincial, que lanzará a súa proposta para a candidatura pola circunscrición de Lugo.

Entre outros, tal e como sinalaron fontes consultadas a Europa Press, na lista poderá figurar o nome doutra rexedora, neste caso a de Trabada, Mayra García. Ambas as rexedoras moi próximas ao candidato á Presidencia da Xunta. Dáse a circunstancia que o cargo de alcalde non é elexible para as eleccións autonómicas, polo que ambas terán que deixar o bastón de mando para figurar nas listas do PSdeG ao 18 de febreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...