InicioSociedadeAlerta amarela na montaña de Lugo por neve este venres

Alerta amarela na montaña de Lugo por neve este venres

PUBLICADA O

- Advertisement -

A montaña de Ourense e Lugo estará en alerta amarela por neve este venres, ao entrar en circulación desde o noroeste unha fronte de aire frío e inestabilidade.

Segundo informou Meteogalicia, esta fronte deixará chuvascos de neve a partir dos 800 metros. Entre as 00,00 horas do venres e a mesma hora do sábado, espérase unha acumulación de 10 a 20 metros.

As temperaturas mínimas oscilarán entre os 4º de Lugo e Santiago e os 8º da Coruña, mentres que as máximas non superarán os 13º. En Lugo prevese que a máxima sexa de 8º.

Por outra banda, a costa da provincia da Coruña tamén estará en aviso amarelo por fenómenos costeiros, con mar de fondo do noroeste que deixará ondas de 4 a 5 metros. Esta alerta permanecerá activa entre as 15,00 horas e as 21,00 horas do venres.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...