InicioSociedadeAlerta amarela na montaña de Lugo por neve este venres

Alerta amarela na montaña de Lugo por neve este venres

Entre as 00.00 horas do venres e a mesma hora do sábado, espérase unha acumulación de 10 a 20 metros a partir dos 800 metros de altura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A montaña de Ourense e Lugo estará en alerta amarela por neve este venres, ao entrar en circulación desde o noroeste unha fronte de aire frío e inestabilidade. Segundo informou Meteogalicia, esta fronte deixará chuvascos de neve a partir dos 800 metros. Entre as 00.00 horas do venres e a mesma hora do sábado, espérase unha acumulación de 10 a 20 metros.

As temperaturas mínimas oscilarán entre os 4º de Lugo e Santiago e os 8º da Coruña, mentres que as máximas non superarán os 13º. En Lugo prevese que a máxima sexa de 8º. Por outra banda, a costa da provincia da Coruña tamén estará en aviso amarelo por fenómenos costeiros, con mar de fondo do noroeste que deixará ondas de 4 a 5 metros. Esta alerta permanecerá activa entre as 15.00 horas e as 21.00 horas do venres.

Ademais, as choivas e a ondada activarán este xoves os avisos nunha decena de provincias, nunha xornada marcada polas precipitacións localmente fortes no suroeste peninsular e intervalos de vento forte na costa de Galicia, así como temperaturas en descenso en case todo o país, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Os fenómenos costeiros activarán os avisos na Coruña, Lugo e Pontevedra. A entrada dunha fronte polo noroeste peninsular deixará abundante nebulosidade e precipitacións en gran parte do territorio. As precipitacións serán máis abundantes en Galicia. E haberá intervalos de forte vento na costa.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...