InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación de Lugo anima a "impulsar a cultura no rural" e...

A Deputación de Lugo anima a “impulsar a cultura no rural” e a “escoitar ao rural cando fai cultura”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Marisol Morandeira, responsable de Muller e Igualdade na Deputación de Lugo, participou este sábado nos actos organizados pola Asociación Cultural de Amigos da liga Santaballesa con motivo da recuperación da reitoral de Santaballa, unha visita na que afirmou que “hai que escoitar ao rural cando fai cultura”.

Segundo informou a deputación a través dun comunicado, a casa reitoral experimentou obras de mellora nas que a institución provincial investiu 13.600 euros. Morandeira asistiu á inauguración da exposición ‘Historia de Galicia’, financiada tamén pola Deputación de Lugo con máis de 3.000 euros.

Na súa visita, Marisol Morandeira destacou que á deputación apoia “todas as actividades que impulsa a cultura no rural” e defendeu que “hai que achegar a cultura ao rural e colaborar para que se poidan desenvolver estas actividades”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...