InicioLugo e contornaO Consorcio de Bombeiros centraliza a atención en Vilalba por falta de...

O Consorcio de Bombeiros centraliza a atención en Vilalba por falta de efectivos en Chantada

O parque chantadino non prestará servizo ata mañá luns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo recolocou efectivos de Chantada en Vilalba por falta de efectivos, segundo indica. Nun comunicado, sinala que dous dos efectivos previstos para cubrir os servizos mínimos no parque de bombeiros de Chantada e Vilalba este domingo “só se presentron a traballar dous no vilalbés e un no chantadino”.

“Avisados os efectivos designados como suplentes na quenda de hoxe, non se presentaron”, engaden desde o Consorcio que asevera que así “non se cumprían os servizos mínimos nestes dous parques”.

“Atendendo á premisa de dar cobertura á maior zona e poboación posible, o Consorcio procedeu a recolocar ao efectivo de Chantada no parque de Vilalba, desde onde se atenderán as posibles incidencias”. O parque chantadino non prestará servizo ata mañá luns, ás nove horas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...