InicioEconomíaAcusan ás administracións públicas de "consentir a escravización" laboral da limpeza en...

Acusan ás administracións públicas de “consentir a escravización” laboral da limpeza en Lugo

As traballadoras volven mobilizarse tras 58 días de folga en vésperas dunha nova reunión de mediación entre patronal e sindicatos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) acusou este martes en Lugo ás administracións públicas de “consentir a esclavización das condicións laborais” das traballadoras do sector da limpeza da provincia, en folga desde o pasado 16 de outubro.

Así se manifestou, no marco dunha nova concentración organizada polo sindicato en solidariedade coas profesionais, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, quen afeou ás administracións –“principais clientes”, dixo, “da patronal”– o feito de non actuar de oficio para “esixir o cumprimento do salario mínimo interprofesional” no convenio colectivo do sector.

“Resulta lamentable que as administracións estean a permitir a unha patronal, ASPEL, chea de empresas madrileñas, que veñan estender a pobreza e a escravización das condicións de traballo”, denunciou Carril, antes de advertir de que a negociación nas provincias de Ourense e Pontevedra podería levar a que “aumenten as mobilizacións”.

“O movemento demóstrase andando. Nós non queremos declaracións, queremos accións claras e decididas”, agregou o secretario xeral da CIG, quen anunciou a presentación dunha reclamación colectiva ante o Comité Europeo de Dereitos Sociais para esixir o cumprimento da Carta Social Europea e o respecto do salario mínimo nun convenio colectivo caducado en decembro de 2021.

Tras 58 días en folga indefinida, as traballadoras do sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo volveron a mobilizarse fronte ao edificio multiusos da Xunta, de onde arrincou unha numerosa concentración que concluíu ante a sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).

SEGUNDA REUNIÓN COA PATRONAL

Esta nova mobilización do sector, organizada ao redor da caravana reivindicativa estacionada desde o 20 de novembro fronte ao edificio da Xunta e símbolo xa da protesta, tivo lugar na xornada previa á celebración dunha nova reunión de mediación entre patronal e sindicatos, prevista para este mércores.

Tras un primeiro encontro celebrado o 4 de decembro e resolto sen avances significativos, a parte social confía agora en que a patronal “cambie a súa postura inamovible”.

“Temos enfronte a unha patronal absolutamente despreciable que quere seguir deixando ao sector da limpeza como está actualmente, na máis absoluta precariedade”, declarou, en relación ás negociacións, a responsable de CIG-Servizos na provincia de Lugo, Asunción Castiñeira.

“As traballadoras son un exemplo de loita, resistencia e dignidade e están dispostas a seguir ata onde faga falta”, engadiu Castiñeira, para acto seguido afirmar que non existe “un plan B” na folla de ruta prevista polas profesionais do sector xa que “a mobilización é o único camiño para tentar sacar o convenio adiante”.

A recollida de firmas en apoio das traballadoras da limpeza cóntanse, explicaron desde a CIG, “por miles e miles” e as mostras de solidariedade da cidadanía coa causa do sector, apuntan desde o sindicato, “está a ser masivas”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

Senadores do PP estudarán demandas do sector da repartición pola alza de prezos dos combustibles

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Deputación repartirá 25,5 millóns entre os 67 concellos tras aprobar esta iniciativa no Pleno por unanimidade

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de...

Un ferido nun choque entre dous vehículos na Pastoriza

Un condutor resultou ferido nun accidente rexistrado este luns na estrada LU-122 no municipio...