InicioPolíticaBesteiro inaugurará a primeira Escola de Outono de Xuventudes Socialistas en Lugo...

Besteiro inaugurará a primeira Escola de Outono de Xuventudes Socialistas en Lugo esta fin de semana

PUBLICADA O

- Advertisement -

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron en Lugo a súa primeira Escola de Outono, que terá lugar os días 25 e 26 de novembro, e será inaugurada polo candidato socialista á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, que participará nun espazo aberto para charlar e escoitar as reivindicacións de mozos “que queiran formar parte do cambio”.

O evento contará cunha formación centrada no feminismo, pois, segundo a secretaria de Organización de XSG-Lugo, Ana María Díaz, o obxectivo principal da escola é “formar sobre as novas correntes do feminismo, nun día no que imos lembrar a máis de 1.200 mulleres asasinadas“. Por iso, a organización tamén participará nas manifestacións e actos institucionais que teñan lugar ese día con motivo do 25N.

Pola súa banda, o secretario xeral de XSG, Xurxo Doval, animou á mocidade a participar no encontro, alegando que este servirá de punto de partida para conseguir “solucións reais, e non viaxes pagas en cruceiros ou peregrinaxes varias”, en relación cos últimos anuncios da Xunta. O evento terminará o domingo 26 pola mañá, e pecharano a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, que agradeceu “o compromiso de XSG Lugo, ao facer a escola nunha terra vítima das políticas ausentes da Xunta”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...