InicioLugo e contornaLugoUnha muller golpea e cospe a un axente da Policía Local no...

Unha muller golpea e cospe a un axente da Policía Local no mercadillo de Frigsa

"Chegando a propinar un forte lapote a un dos axentes no peito e a cuspir saliva sobre a súa cara", explica a Policía Local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller foi detida por atentado á autoridade na cidade de Lugo tras golpear no peito e cuspir a un axente da Policía Local o pasado martes. Segundo informa a Policía Local nun comunicado, ás 14,05 horas do pasado martes, dous axentes atopábanse no parque da Milagrosa, con motivo do mercadillo de Frigsa, intervindo debido a que vendedores ambulantes non tiñan autorización municipal. Entón, unha muller comezou a increpalos con frases como “xa están aquí estes fillos de puta” ou “había que sacarlles a pistola e pegarlles dous tiros”.

Ante esta situación, os axentes dirixíronse á muller para que cesase na súa actitude e para requirirlle a súa documentación, ao cal se negou, “chegando a propinar un forte lapote a un dos axentes no peito e a cuspir saliva sobre a súa cara”, explica a Policía Local. Por iso, tivo que ser reducida pola forza, coa súa detención e traslado a dependencias policiais para a tramitación de dilixencias por un suposto delito de atentado contra axentes da autoridade. Ademais, durante o traslado, a detida non depuxo a súa actitude “golpeando en repetidas ocasións o interior do vehículo e causando danos no biombo de protección e nunha das portas do vehículo patrulla”.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Entre outras actuacións nas que interveu a Policía Local nas últimas horas, atópase unha fogueira nun inmoble abandonado en Pintor Corredoira. Por outra banda, unha muller chamou para alertar de que a súa exparella, acompañado de dúas dos seus irmáns, ameazáraa enfronte da súa casa. Ante a imposibilidade de localizar aos autores, ofreceuse a posibilidade de ir a dependencias policiais a formalizar denuncia.

Entre outra orde de cousas, localizouse un depósito de residuos en Camiño de Anguieiro, onde un individuo almacenaba chasis de automóbiles, restos de electrodomésticos e diferente lixo. Nos filtros de seguridade viaria, sorprendeuse a dous condutores que deron positivo en probas de drogas, ambos en THC (cannabis). Tamén se denunciaron a cinco vehículos que circulaban a maior velocidade da permitida, así como tres condutores que deron positivo en alcoholemia.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...