InicioTerra CháCospeitoUnha casa de Cospeito arde por completo, pero sen rexistrar danos persoais

Unha casa de Cospeito arde por completo, pero sen rexistrar danos persoais

A alerta saltaba a pasada medianoite, cando unha persoa contactaba con Emerxencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha vivenda de dúas plantas situada no municipio de Cospeito resultou destruída debido a un incendio rexistrado nas últimas horas, no que non se produciron danos persoais, segundo informou o CIAE 112 Galicia. A alerta saltaba a pasada medianoite, cando unha persoa contactaba con Emerxencias para informar de que se estaba producindo un incendio nunha casa de dúas plantas, no lugar de Muíños, en Piñeiro. A persoa que chamaba explicaba que non había persoas no interior do inmoble, pero cría que si había animais nun anexo.

O 112 informou os bombeiros de Vilalba, Garda Civil, GES de Friol, así como persoal do Concello e do servizo provincial de extinción de incendios, por se fose necesaria a súa intervención.Os bombeiros lograron extinguir as chamas, pero o lume xa calcinara por completo a vivenda. Con todo, os efectivos lograron salvar aos animais que se atopaban na parte traseira da casa.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...