InicioSociedadeActivo o Plan de Vialidade Invernal en Lugo e Ourense con 170...

Activo o Plan de Vialidade Invernal en Lugo e Ourense con 170 profesionais e 3.740 toneladas de fundentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta activou este mércores o Plan de Vialidade invernal nas provincias de Lugo e Ourense, con 170 profesionais e 3.740 toneladas de fundentes para garantir a seguridade e mobilidade nas vías autonómicas ante as inclemencias do tempo.

Tal e como recolle a Xunta nun comunicado, no caso de Lugo, os seis centros operativos e os medios distribuídos pola provincia para garantir a seguridade viaria nas estradas autonómicas permanecerán en servizo desde este mércores, 1 de novembro, e ata o próximo 30 de abril.

O plan conta cun dispositivo de 58 máquinas, entre elas, camións, retros, ademais de cuñas, follas, esparcidores de sal ou extendedores de salmuera. Estes recursos materiais permitirán a atención e o mantemento dos case 1.500 quilómetros de estradas autonómicas na provincia para alcanzar condicións de seguridade viaria, especialmente en épocas con episodios de climatoloxía adversa.

Dentro dese 1.500 km de rede, destacan que se prestará especial atención aos case 400 quilómetros que, por altitude, son máis suceptibles de incidencias por acumulación de neve ou placas de xeo.

PLAN EN OURENSE

Por outra banda, para a provincia de Ourense, habilitouse un dispositivo con 83 profesionais e máis de 2.000 toneladas de fundentes. O plan inclúe na provincia de Ourense un dispositivo de 46 máquinas, entre elas, camións, pick-up, retros, cuñas, follas, esparcidores de sal e extendedores de salmuera.

Estes recursos permitirán a atención e o mantemento dos algo máis de 1.000 km de estradas autonómicas na provincia para alcanzar condicións de seguridade viaria, especialmente nas épocas con episodios de climatoloxía adversa.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...