InicioEconomíaAs traballadoras do sector da limpeza da provincia de Lugo inician "sen...

As traballadoras do sector da limpeza da provincia de Lugo inician “sen avances” a súa terceira semana de folga

PUBLICADA O

- Advertisement -

As traballadoras do sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo comezaron este luns a súa terceira semana de folga indefinida cunha nova concentración no centro da capital ante a falta de avances e a negativa da patronal ASPEL a sentar a negociar un novo convenio colectivo.

Así o denunciaron os sindicatos que secundan a protesta da profesionais (CIG, UGT e CC.OO.) que acusan á Asociación Profesional de Empresas de Limpeza de bloquear calquera intento de negociación. “ASPEL segue sen sentar a negociar e esta situación de bloqueo, cuns soldos tan precarios, fai moito dano ás traballadoras”, manifestou, en declaracións a Europa Press, o representante do sector de limpeza de UGT, Óscar González Boyero.

Desde a convocatoria do paro indefinido do sector, o 16 de outubro, as protestas das traballadoras, que o pasado venres tomaron a sede da compañía Eulen en Lugo para protestar pola súa situación de indefensión, non deixaron de producirse. Non só na capital, senón tamén noutras localidades da provincia como Sarria ou Monforte.

“O que estamos a pedir non está afastado da racionalidade. En toda España debería haber unha dignidade de todo o persoal que traballa na limpeza, non porque sexa unha comunidade autónoma ou unha provincia máis grande, cobrar máis ou menos”, lamentou Boyero respecto da situación do sector.

Entoando cánticos como ‘que non vos enterades, queremos salario e dignidade’ ou ‘convenio da limpeza, solución’ e portando no seu camiño fregonas, escobas e outros utensilios de limpeza, decenas de traballadoras participaron este luns nunha nova mobilización que saíu desde a praza de Santo Domingo, detívose fronte á sede da Subdelegación do Goberno e percorreu despois as principais rúas do centro da cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...