InicioEconomíaO viaduto da A-6 no Castro estará aberto "a finais de ano"...

O viaduto da A-6 no Castro estará aberto “a finais de ano” cara Madrid

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, responde as críticas do PP e lembra que o noiro derrubado en Becerreá xa cedera cando gobernaban os populares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, referiuse este luns ás obras de conservación e rehabilitación das dúas infraestruturas danadas na autovía A-6 ao seu paso pola provincia de Lugo e confirmou que o viaduto do Castro, clave nas comunicacións de Galicia coa meseta, estará aberto “a finais de ano en dirección Madrid e o ano que vén en dirección A Coruña”.

As declaracións producíronse un día despois de que representantes do PP de Galicia e León mantivesen un encontro para solicitar ao Goberno de maneira conxunta a elaboración dun plan extraordinario e integral de conservación da vía. “Este Goberno está a investir máis de 360 millóns de euros nas estradas de toda Galicia”, proclamou Pedro Blanco, para acto seguido asegurar que o Executivo non se atopa de brazos cruzados: “Está a traballarse nas dúas infraestruturas da provincia e tamén no mantemento. Dígoo porque dá a sensación de que facemos pero non mantemos. Este Goberno fai e mantén“, indicou.

Blanco, que lembrou que o noiro derrubado na A-6 á altura de Becerreá xa cedera noutra ocasión, cando gobernaban, dixo, “os mesmos que na xornada de onte xuntábanse para pedirnos responsabilidades”, confirmou que continúan “as obras de limpeza” da devandita infraestrutura danada. “Este é o primeiro goberno que inviste semellante cantidade de diñeiro en obras de conservación”, reiterou, antes de defender a xestión que desde o Goberno central está a levarse a cabo na autovía. “A responsabilidade en todo caso é un problema fundamentalmente técnico pero nós o que facemos é reaccionar de maneira inmediata”, finalizou.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...