InicioLugo e contornaA Xunta busca un acordo co goberno local de Lugo para aprobar...

A Xunta busca un acordo co goberno local de Lugo para aprobar o 5% do PXOM e avanza unha reunión

"Ou inscribimos e damos seguridade xurídica facendo as modificacións que pide a Confederación Hidrográfica Miño Sil ou é nulo de pleno dereito", sinalou a conselleira Ángeles Vázquez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, apelou a un acordo co Concello de Lugo para desbloquear a aprobación do 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), paralizado por un informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, á vez que avanzou unha reunión de “carácter técnico” con representantes municipais para analizar posibles solucións.

O anuncio produciuse na sede da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) no marco dun encontro mantido con representantes das distintas agrupacións provinciais para a elaboración dunha guía orientada a integrar as terrazas nos espazos públicos urbanos.

A vicepresidenta segunda da Xunta precisou, tras anunciar a celebración da reunión, que é competencia do Goberno autonómico “vixiar o cumprimento da lei”. “O que nunca vai facer a Xunta de Galicia é meter nun problema aos investidores que poidan estar pendentes da aprobación dese 5%”, manifestou.

Vázquez, que recalcou que o único condicionante que había para a aprobación do 5% da PXOM era “un informe da Confederación Hidrográfica que pedía unha serie de modificacións”, emprazou ao Concello de Lugo a “porse a traballar co equipo redactor” para acabar dunha vez por todas, dixo, “con esta agonía”.

“Non ten sentido isto de botar a pelota dun lado ao outro a ver onde encaixa mellor”. “O encaixe témolo que facer cos homes e mulleres da cidade de Lugo, cos empresarios e empresarias”, engadiu a conselleira. “Ou inscribimos e damos seguridade xurídica facendo as modificacións que pide a Confederación Hidrográfica Miño Sil ou é nulo de pleno dereito”, advertiu.

“A Xunta de Galicia non vai permitir que sexa nulo de pleno dereito, pero tampouco vai ser cómplice do que poida acontecer nun futuro”. “Non queda outra que non sexa alcanzar un acordo”, sentenciou.

TERRAZAS

A conselleira realizou estas manifestacións aos xornalistas coincidindo cun encontro cos representantes das asociacións provinciais de empresarios de hostalaría para abordar con eles a elaboración dunha guía para a integración paisaxística das terrazas na contorna urbana sen deteriorar a súa imaxe.

“Desde a Xunta de Galicia queremos seguir avanzando na integración paisaxística”, declarou Ángeles Vázquez, para acto seguido manifestar o seu desexo de elaborar “da man dos hostaleiros” unha guía capaz de orientar ao sector sobre os materiais e o deseño a empregar nas terrazas situadas nos espazos públicos. “Buscamos o uso de materiais sinxelos pero ao mesmo tempo nobres, cun deseño integrado que sexa sustentable”, explicou.

A guía, que será presentada “no ano 2024” como parte da Colección Paisaxe Galega, que conta ata a data con 15 volumes, tratará de ofrecer solucións prácticas e recomendacións relacionadas coa integración paisaxística aos responsables dos “25.000 establecementos galegos” susceptibles de instalar unha terraza no espazo público.

ÚLTIMAS

Chegan a Ribeira de Piquín 51 migrantes procedentes de África

Un total de 51 persoas migrantes procedentes de África, na súa maioría refuxiados de...

Visita á protectora de animais: a situación dos gatos, despois do brote de panleucopenia

Hai cousa dun mes e medio, a Sociedade Protectora de animais e plantas de Lugo tivo...

Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras chocar...

A Deputación de Lugo reforza a formación de rederas con 39.000 euros para garantir a substitución xeracional

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...