Home Lugo e contorna Lugo Alfonso Rueda participará este domingo na tradicional pulpada de San Froilán que organiza o PP

Alfonso Rueda participará este domingo na tradicional pulpada de San Froilán que organiza o PP

0
Alfonso Rueda participará este domingo na tradicional pulpada de San Froilán que organiza o PP
O presidente do PPdeGalicia, Alfonso Rueda, e a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia./ PP DE LUGO

O PP da provincia de Lugo reunirase este domingo no seu tradicional pulpada de San Froilán, á que acudirá o presidente autonómico do partido, Alfonso Rueda. A este evento, que se celebrará no Hotel Torre de Núñez de Lugo a partir das 14,00 horas, acudirán tamén a presidenta do PP provincial, Elena Candia, e distintos representantes da formación a nivel local, autonómico e nacional.

Trátase, segundo explica Candia, dun “encontro de confraternidade para compartir entre todos e gozar do que é o PP da nosa provincia”. “Un partido unido no que os valores que nos caracterizan están máis presentes que nunca e que teñen no noso líder galego o seu maior embaixador”, conclúe a presidenta do PP de Lugo.

+ posts