InicioSociedadeA Audiencia de Lugo condena a un ano de cárcere a un...

A Audiencia de Lugo condena a un ano de cárcere a un home por estafar 700 euros a un usuario dunha web de compravenda

O interlocutor solicitoulle á vítima que ingresase o diñeiro nunha conta titularidade do condenado, "finxindo a súa disposición e vontade de levar a cabo a entrega", algo que nunca se produciu, a pesar de recibir o pago. Tanto o anuncio como o diñeiro da conta foron retirados, sinala o fallo, "de maneira case inmediata".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home que estafou 700 euros a un usuario da web de compravenda ‘milanuncios.com‘. Segundo o relato de feitos probados da sentenza, con data do pasado 17 de outubro, o procesado ofertou a través da mencionada páxina unha máquina localizadora de cans e catro colares. O denunciante contactou con el ou con outra persoa, en conivencia co acusado, para adquirir os produtos.

O interlocutor solicitoulle á vítima que ingresase o diñeiro nunha conta titularidade do condenado, “finxindo a súa disposición e vontade de levar a cabo a entrega”, algo que nunca se produciu, a pesar de recibir o pago. Tanto o anuncio como o diñeiro da conta foron retirados, sinala o fallo, “de maneira case inmediata”.

A Audiencia subliña que a autoría do acusado “advírtese evidente no presente caso” en base a que “o teléfono a través do cal levou a cabo a negociación figura ao seu nome, así como a conta na que se ingresou o diñeiro e efectuouse a retirada de maneira inmediata, así como do propio anuncio que xa non figuraba uns días despois colgado na páxina na que se ofertaba”. Por estes feitos, os maxistrados condenárono como autor dun delito de estafa e impuxéronlle unha pena dun ano de prisión. Ademais, deberá indemnizar á vítima con 700 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...