InicioPolíticaO PP de Lugo presenta unha moción de urxencia para "desbloquear" o...

O PP de Lugo presenta unha moción de urxencia para “desbloquear” o PXOM

PUBLICADA O

- Advertisement -

PP de Lugo presentou unha moción de urxencia para “desbloquear” o plan de ordenación municipal, entendendo que “as cuestións técnicas a emendar pódense resolver con traballo e vontade política”.

Por iso, os populares sinalan que, desde o primeiro día en que se deu a coñecer que a Confederación Hidrográfica “paralizaba a tramitación do plan xeral”, o PP pediu “diálogo” coa CHMS, que preside “un cargo do PSOE”, así como tamén co equipo redactor. O PP tamén solicitou unha reunión de portavoces, que, polo momento, tivo “a calada por resposta”.

Aprobar o plan xeral “é posible e o PP traballou e traballa a favor de resolver esta tramitación a man do goberno local”, xa que “impulsar este documento é vital para o desenvolvemento do municipio”. “Non estamos á fronte de ningunha dificultade inabarcable, son cuestións técnicas e así o queremos facer saber á cidadanía”, remacharon os populares.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...

Asistencia da Deputación a unha palestra organizada por Somos Unidos por el Cáncer

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves á...