InicioPolítica29N-Besteiro deixa en mans dos militantes e da organización a candidatura de...

29N-Besteiro deixa en mans dos militantes e da organización a candidatura de Orozco ao Senado

"Non serei eu quen non valore todas as propostas, a de Orozco e a do resto que se propoñen para os postos de candidatura" declarou o secretario xeral do PSdeG

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou, ao ser cuestionado sobre a posible candidatura do exalcalde de Lugo, José López Orozco, ao Senado, que “o valorarán os militanes e a organización”.

Foi con motivo da súa presenza en Lugo, no San Froilán, e a preguntas dos xornalistas a este respecto. “Non serei eu quen non valore todas as propostas, a de Orozco e a do resto que se propoñen para os postos de candidatura”.

Besteiro, que insistiu en que o seu “compromiso” con Galicia está nesta autonomía e non como candidato ao Congreso, apelou, mentres, ao “voto útil” nestas eleccións.

Así, instou a que a xente “vote con racionalidade” ao existir, dixo, nestes comicios “dous modelos”: o “valor” do PSOE ou a “ameaza real dun goberno de dereita e ultradereita”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...