InicioSociedadeDetido no San Froilán un home de 22 anos por agredir á...

Detido no San Froilán un home de 22 anos por agredir á súa parella na rúa

A Policía Local interveu en dúas pelexas rexistrada en puntos de lecer nocturno e formulou oito denuncias a condutores que deron positivo en controis de alcol e drogas, dos cales, tres expóñense a sancións pola vía penal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 22 anos foi detido en Lugo por agredir na vía pública á súa parella, á que golpeou e agarrou causándolle lesións na rúa Poeta Noriega Varela.

O suceso tivo lugar na madrugada do pasado xoves, primeira xornada das festas de San Froilán, na que a Policía Local interveu en dúas pelexas rexistrada en puntos de lecer nocturno e formulou oito denuncias a condutores que deron positivo en controis de alcol e drogas, dos cales, tres expóñense a sancións pola vía penal.

O arresto do home acusado dun delito de violencia de xénero tivo lugar na rúa Poeta Noriega Varela, á que unha patrulla da Policía Local desprazouse tras recibir unha alerta cidadá.

Alí, identificaron a un mozo de 22 anos que agarraba por detrás a unha muller, que tiña lesións nun beizo. Testemuñas presenciais relataron que el propinara unha labazada á muller, que se golpeou contra a porta dun garaxe e despois foi agarrada polo agresor polo pescozo para obrigala a camiñar por onde quería.

ALCOHOLEMIAS E DROGAS

Durante a primeira madrugada do San Froilán, a Policía Local formulou tres dilixencias por delito contra a seguridade viaria a condutores que excedían o limiar de alcoholemia, un dos cales, carecía de carné de conducir.

Ademais, o operativo especial despregado con motivo da primeira noite das festas patronais da capital luguesa saldouse con outras cinco denuncias por alcoholemias ao volante, todas elas por vía administrativa.

ÚLTIMAS

Besteiro reclama “máis forza municipalista” no congreso de proclamación de Tomé como secretario do PSOE en Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi proclamado este sábado secretario provincial do PSOE no...

Miguel Fernández reclama un “maior compromiso” da Xunta nos proxectos de valor estratéxico para a cidade

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, reclamou un "maior compromiso" por parte da Xunta naqueles proxectos que...

Lugo acollerá a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas en 2026

Lugo acollerá en 2026 a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH),...

A Deputación de Lugo destina 6 millóns a rozas e diferentes obras en estradas da provincia

A xunta de goberno da Deputación acordou este venres impulsar novos traballos en vías...