InicioLugo e contornaLugoUn condutor dá positivo en alcol tras sufrir un accidente de tráfico...

Un condutor dá positivo en alcol tras sufrir un accidente de tráfico en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo instruíron dilixencias contra un condutor que deu positivo nas probas de alcoholemia tras sufrir un accidente de tráfico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo instruíron dilixencias contra un condutor que deu positivo nas probas de alcoholemia tras sufrir un accidente de tráfico.

En concreto, o suceso ocorreu na madrugada deste venres na rotonda que enlaza o polígono industrial das Gándaras co Ceao. Un dos vehículos implicados circulaba polo carril interior da rotonda e outro polo exterior e chocaron.

Tras acudir á zona, os axentes observaron que un dos condutores presentaba signos de embriaguez, polo que lle realizaron próbalas pertinentes, que deron un resultado positivo de 0,88 mg/l.

Doutra banda, na Rolda Norte produciuse tamén esta madrugada un accidente no carril de adiantamento anterior á rotonda de acceso ao polígono das Gándaras, onde se viron implicados dous vehículos.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...