InicioSociedadeContinúa na UCI en estado grave a muller acoitelada o venres por...

Continúa na UCI en estado grave a muller acoitelada o venres por un veciño en Samos

A ferida presentaba lesións graves por arma branca no pescozo e no tórax. O presunto autor dos feitos, de 49 anos, ingresou o domingo en prisión provisional, comunicada e sen fianza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A muller de 73 anos que o pasado venres foi acoitelada por un veciño de Samos continúa grave e na unidade de coidados intensivos do hospital de Lugo, segundo confirman este luns fontes sanitarias. O presunto autor dos feitos, de 49 anos, ingresou o domingo en prisión provisional, comunicada e sen fianza investigado por un delito de asasinato a un home, de 82, e por tentativa de homicidio á muller deste, que segue na UCI.

A ferida presentaba lesións graves por arma branca no pescozo e no tórax. Ao lugar desprazáronse o helicóptero do 061 con base en Ourense, así como o médico e a ambulancia da zona. Dos feitos tívose constancia pasadas as 8.00 da mañá. Segundo o 112, un particular alertou de que unha persoa fora apuñalada na parroquia de San Mamede do Couto, no lugar de Lamas. Ata alí trasladáronse os servizos sanitarios, ademais de efectivos da Garda Civil que procederon á detención do presunto autor dos feitos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...