InicioPolíticaLara Méndez di que Rueda non adianta as galegas porque "non ten...

Lara Méndez di que Rueda non adianta as galegas porque “non ten garantida” a maioría absoluta

Pola súa banda, o responsable do Executivo galego reivindica a "estabilidade" que achega a maioría absoluta dos populares en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asegurou que o Partido Socialista “está preparado” para unhas eleccións autonómicas e sinalou que se o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, non as convoca de maneira anticipada é porque “non ten garantida” a maioría do Partido Popular.

“Isto de non acabar os mandatos só obedece a ver unha oportunidade electoral e, por tanto, se non fai esa convocatoria anticipada é porque non ten garantida esa maioría do Partido Popular a falta de poder ter interlocutores cos que poder chegar a acordos”, dixo a rexedora coincidindo co pleno municipal celebrado este xoves. Fíxoo en alusión a unhas declaracións realizadas o mércores polo presidente do PP galego nas que afastaba a hipótese dun anticipo dos comicios galegos.

No seu discurso, na reunión da xunta directiva do PPdeG celebrada en Santiago, o responsable do Executivo galego tamén aproveitou para reivindicar a “estabilidade” que achega a maioría absoluta dos populares en Galicia, onde, segundo recalcou, continuarase “gobernando de acordo co mandato cidadán.

Rueda é “quen ten a potestade para adiantalas ou non”, lembrou Méndez, quen engadiu que “se non o fai é porque non o ve nada claro“, tras recalcar que “en todo caso, o Partido Socialista está preparado para cando así o decida”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...