InicioPolíticaAs primarias en Podemos Lugo, “un cambio de rumbo e de marcha”

As primarias en Podemos Lugo, “un cambio de rumbo e de marcha”

O novo secretario xeral en Galicia asume a estratexia dos círculos para competir nas municipais, que pasa por conformar os órganos municipais pendentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Podemos abre un proceso de primarias en once cidades e vilas de Galicia, co obxectivo de “reactivar” as estruturas locais. Ata o vindeiro 12 de novembro poderán presentarse os candidatos –con cadanseu documento político e organizativo– para liderar as distintas agrupacións. En Lugo será o caso de José Pérez, Josito, o actual voceiro local.

En Galicia, o partido ten aínda pendente a conformación das estruturas definitivas, pois os círculos constituídos a partir de 2014 foron quedando relegados por mor do funcionamento dispar dos grupos de traballo. Na cidade de Lugo, a agrupación mantivo un funcionamento paralelo á coordinadora de Lugonovo. Despois de abandonar este proxecto, o círculo lucense abanderou a creación dunha lista horizontal e con representación das catro provincias para acadar a secretaría xeral galega.

As primarias serán o primeiro dos procesos que abrirán en Podemos Lugo, nun plan que contempla a creación de redes colaborativas. Na formación entenden que a proximidade debe ser un valor diferencial, polo que despois da creación de secretarías e áreas procederán a incorporar a activos dos territorios e da sociedad civil. Este era o postulado dos círculos que o novo secretario xeral en Galicia asumiu logo de integrar á denominada terceira vía, entre os que se atopaba o propio Josito.

Aliás, o obxecto primordial é crear un proxecto “forte” e que aspire a gañar en Lugo, o único xeito de “cambiar as cousas”. En Podemos recoñecen que as primarias deben ser “un cambio de rumbo” e “outra marcha” de cara aos comicios locais de maio de 2019. Este “instrumento potente” incorporará a integrantes da candidatura de Carolina Bescansa. No círculo insisten: é tempo de acordo, de organización, e non de confrontación.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...