InicioLugo e contornaLugoMenores de 17 e 13 anos rouban a turistas e enfrontanse a...

Menores de 17 e 13 anos rouban a turistas e enfrontanse a policías: “Sois unos hijos de puta… A ver si morís”

A nai dun dos mozos encarouse e insultou a policías aos que tamén chamou "hijos de puta" , polo que foi proposta para sanción por falta de respecto aos axentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo na madrugada deste domingo a dous mozos de 17 anos de idade por un delito de roubo con violencia tras subtraer, mediante o método do ‘tirón’, o bolso a unha muller de turismo en Lugo e ferir o seu marido ao enfrontarse a eles.

Segundo explicou a Policía Nacional, en comisaría presentouse tamén, a efectos de identificación, a un terceiro menor, que resultou ter 13 anos e, por tanto, “inimputable dos feitos que realizara”.

Sobre as 00,00 horas deste domingo recibiuse unha chamada que alertaba de que unha muller era vítima dun roubo na rúa Ramón Montenegro, relatou a Policía Nacional. A muller, de 64 anos de idade, e o seu marido realizaban turismo pola cidade de Lugo e, no momento que se dirixían ao hotel, “víronse abordados por tres mozos que os rodearon e tiraron fortemente do bolso á muller, arrincándollo do ombreiro e botando a correr”, concretou a Policía.

O marido enfrontouse aos delincuentes, pero estes mostraron “unha actitude violenta” e foi agredido, indicou a Policía. Cos datos achegados e coa axuda veciñal, localizouse nunha praza próxima a un dos menores, o cal levaba oculto entre as súas roupas pertenzas da vítima.

Os outros dous mozos tamén foron sorprendidos cando deambulaban polos arredores. Na comisaría os dous menores detidos “presentaban actitudes chulescas e ameazantes” e fixeron comentarios como “Sois unos hijos de puta, a ver si morís”, destacou a Policía.

ENFRONTAMENTO DE PAIS

Así mesmo, asegura a Policía Nacional, a nai dun deles encarouse aos policías dicindo “fillos de puta, oxalá explotasen como bombas, asasinos”. Por iso, foi proposta para sanción por falta de respecto aos axentes da autoridade a normativa de seguridade cidadá.

Outro dos menores tentou fuxir da comisaría, para o que entre os outros dous fixeron “unha especie de pantalla” co fin de favorecer a súa evasión. “Pero foi alcanzado á carreira polos policías actuantes”, abundaron as mesmas fontes policiais.

Posto os feitos en coñecemento da Fiscalía de Menores, os mozos foron entregados aos seus proxenitores; o de 13 anos á súa avoa, o de 17 anos á súa nai e o outro de 17 anos que se atopaba fuxido do Centro de Menores Santo Anxo de Rábade, foi reintegrado a este.

Os menores quedaron en liberdade tras ser advertidos os seus familiares ou responsables de presentarse ante a autoridade xudicial cando sexan requiridos. Neste operativo interveu o Grupo de Radio Patrullas e o Grupo Operativo de Resposta (GOR) da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...