InicioLugo e contornaLugoCollen en Lugo a 39 condutores por exceso de velocidade, un deles...

Collen en Lugo a 39 condutores por exceso de velocidade, un deles a 112 km/h nunha zona limitada a 50

A Policía Local imputa a un home de 83 anos por conducir tras perder todos os puntos do carné.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou o xoves a un total de 39 condutores que superaban o límite máximo de velocidade, establecido en 50 kiómetros por hora (km/h). O máis rápido de todos eles ía a 112 km/h, o que lle supuxo unha multa de 600 euros e a retirada de seis puntos do carné.

Segundo o balance do corpo municipal, o cinemómetro empregado nestes dispositivos controlou a un total de 1.325 coches ao longo da xornada. Dos 39 condutores, nove excederon os 80 km/h e 19 infraccións levaron a retirada de puntos, 52 en total.

En canto aos controis de alcoholemia, unha dotación situada en Rolda dss Fontiñas detectou a un condutor que presentaba síntomas de embriaguez e que, no preceptivo test, arroxou un resultado positivo de 0,90 miligramos por litro en aire respirado, case o cuádruplo da taxa máxima permitida. Por isto mesmo, instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido e o coche tivo que ser inmobilizado.

Ademais, en rúa Dinán, a Policía Local indentificó a un home de 83 anos de idade ao volante que carecía do permiso de condución porque perdera todos os puntos. Así, foi trasladado á Unidade de Atesgados e contra el instrúense dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...