InicioPolíticaLara Méndez manterá a alcaldía de Lugo pola mínima

Lara Méndez manterá a alcaldía de Lugo pola mínima

Reivindica que os lugueses "deixaron claro que queren que siga habendo un goberno progresista".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo seguirá tendo alcaldesa socialista, aínda que por moi pouco, tras estar o PP de Elena Candia ás portas da maioría absoluta. A candidata á reelección, Lara Méndez, mostrou a súa satisfacción polo resultado das eleccións deste domingo, que a deixa en disposición de continuar á fronte do goberno municipal coa reedición do pacto entre socialistas e o BNG, forzas que calcan o seu resultado en edís obtido en 2019.

“Os lugueses falaron claro e deixaron claro que queren que siga habendo un goberno progresista“, aseverou Méndez nunha comparecencia de prensa na que estivo acompañada por membros da súa candidatura, que obtivo oito edís polos 5 de BNG e os 12 do PP, que queda ao bordo da maioría absoluta.

Méndez considerou que o resultado deste domingo é o recoñecemento ao desempeño do goberno no últimos catro anos nos que socialistas e BNG compartiron un goberno que podería reeditarse a partir destas eleccións”. Os lugueses queren que encabece eu ese novo modelo de cidade”, proclamou Méndez, que remarcou que a “segunda transformación” de Lugo “é imparable” coa continuidade dos socialista s nun goberno que ocupan desde hai 24 anos.

ELENA CANDIA (PP)

Pola súa banda, a candidata popular Elena Candia convidou aos populares de Lugo a manter “a cabeza moi alta” tras lograr ser a forza máis votada e quedar a un edil da maioría absoluta.

“Hoxe temos que dicir que gañamos e estamos a disposición dos lucenses“, proclamou despois de agradecer a implicación de “todos os participantes” na campaña, que concluíu cunha subida de dous edís do PP no Concello de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...