InicioPolíticaO PSdeG denuncia carretaxe de votos e o PPdeG o uso de...

O PSdeG denuncia carretaxe de votos e o PPdeG o uso de medios da Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A agrupación do PSOE de Lugo presentou unha denuncia ante a Xunta Electoral por un suposto caso de ‘carretaxe’ de votos nun asilo de Lugo.

Tal e como informaron nas súas propias redes sociais, a agrupación faise eco dunha información adiantada por eldiario.es na que se afirma que monxas dun asilo de Lugo foron fotografadas introducindo a papeleta no peto dos anciáns aos que levaban a votar.

A agrupación socialista lembra que un xulgado de Lugo xa ditaminou en 2017 que nese centro exercíase ‘carretaxe‘, aínda que o auto foi arquivado ao considerarse que os feitos “non encaixaban con ningún ilícito delituoso”.

DENUNCIA PPdeG

Por outra banda, o Partido Popular denunciou ante a xunta electoral de zona de Monforte de Lemos a utilización de medios audiovisuais da Deputación de Lugo por parte do seu presidente e candidato do PSOE á alcaldía de Monforte de Lemos, José Tomé, para cubrir a súa votación nun colexio electoral da localidade lucense.

Segundo a denuncia presentada ante a xunta electoral, o Servizo de Audivisuais da Deputación de Lugo (TIC) “non só acudiu a cubrir” a votación do candidato socialista, algo que, destacan os populares, “sen dúbida houbo de motivar o oportuno desprazamento de persoal”, senón que “ademais publicouno nas distintas redes sociais“, entre elas en Twitter.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...