InicioSucesosMorre unha novilla e outra resulta ferida nun incendio en Castro de...

Morre unha novilla e outra resulta ferida nun incendio en Castro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha novilla faleceu este sábado e outra resultou ferida nun incendio en Castro de Rei. Segundo informou o 112, o incendio ocorreu ás 12,30 horas nunha explotación gandeira situada na parroquia de Mondriz.

A persoa que chamou ao centro de emerxencias de Galicia solicitaba medios para comprobar a situación da cuadra despois de que a faísca dunha soldadura alcanzase algo de herba seca, que estaba almacenada no interior da edificación. O alertador indicaba que a situación estaba controlada, pero solicitaba a intervención de equipos de extinción para corroboralo.

A partir de aí, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba que, unha vez no punto, indicaron que arderon restos de rolos de herba seca e que a estrutura do lugar non se viu afectada.

Aínda así, a pesar de que o propietario puido evacuar a maioría dos animais que se atopaban no seu interior, unha novilla pereceu e outra resultou bastante afectada. Indican que desde o 112 Galicia tamén se pasou aviso aos axentes da Garda Civil e ás autoridades ambientais da Xunta de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...