InicioLugo e contornaLugoPontón asegura que Arroxo será "o próximo alcalde" de Lugo para deixar...

Pontón asegura que Arroxo será “o próximo alcalde” de Lugo para deixar a cidade “no máis alto”

Rubén Arroxo sinalou que o BNG traballará a partir do 28M para "completar o cambio que Lugo iniciou este mandato".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores no mitin de Lugo acompañando ao candidato á Alcaldía, Rubén Arroxo, a quen presentou como “o próximo alcalde de Lugo”, convencida de que a cidade vai optar nas urnas por un “cambio histórico”.

“Este catro anos, a nosa presenza no goberno municipal foi fundamental para dar un gran salto adiante, para revitalizar a cidade e pór ás persoas no centro, pero no BNG somos inconformistas e queremos o mellor para Lugo, por iso queremos liderar esta cidade, pola no máis alto, situala á cabeza de Galicia e impulsala cara ao futuro da man de Rubén Arroxo como próximo alcalde de Lugo”, proclamou Pontón.

A portavoz nacional destacou a fortaleza dun BNG que representa “a Galicia do futuro, imparable e puxante”, fronte a un PP “desnortado, esgotado e sen nada que ofrecerlle ao país”. “Somos un BNG que crece e que vai a máis, fronte a un PP menguante que vai a menos e que representa o pasado”, recalcou.

Pontón advertiu tamén contra un Partido Popular que agora promete “castelos de aire” despois de catorce anos “discriminando á cidade”, e ironizou coas declaracións de Feijóo nas que mencionaba o illamento de Lugo por falta de comunicacións. “Hai que ter valor”, clamou Pontón.

“Este 28M imos empezar a construír unha Galicia en grande, concello a concello e tedes a miña palabra de que a presidenta que aspiro a ser terá un compromiso total con Lugo, non por favoritismo, senón porque é o xusto“, subliñou.

Para iso, Pontón apelou a sumar no BNG “todo o voto de progreso, de optimismo e de confianza en Lugo, todo o voto da cidadanía que quere frear á dereita e pór esta cidade no máis alto”.

UN ALCALDE CON ENERXÍA, IDEAS E CAPACIDADE

A líder do BNG destacou que Rubén Arroxo será un alcalde con “a enerxía, as ideas e a capacidade” para “transformar a cidade da man do modelo municipal de éxito do BNG”.

Entre as medidas, mencionou a reactivación do campus como motor da ciencia e da innovación, apostando pola sustentabilidade e a economía circular; a potenciación do comercio de proximidade, a aposta polo turismo, a xeración de oportunidades para os mozos, a dinamización de sectores produtivos e a creación de novos equipamentos sociais para a infancia, a mocidade e as persoas maiores.

“En definitiva, Rubén é o alcalde capaz de facer de Lugo unha das mellores cidades de Europa en calidade de vida, cohesión social, e benestar”, destacou Ana Pontón, que se dirixiu especialmente aos mozos.

Pola súa banda, Rubén Arroxo sinalou que o BNG traballará a partir do 28M para “completar o cambio que Lugo iniciou este mandato”. “Fai catro anos todo o mundo falaba de que Lugo estaba paralizado, hoxe iso xa non se escoita, e o que cambiou foi que o BNG entrou no goberno”, afirmou.

Arroxo dixo que presenta un programa “realista e ambicioso” centrado en tres puntos fundamentais: “pór a Lugo no mapa e reclamar ao resto de institucións que executen as infraestruturas que levan anos debendo; potenciar as zonas verdes, freando os efectos do cambio climático e mellorando a calidade de vida da veciñanza, e potenciar o patrimonio histórico e natural”.

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...