InicioSociedadeA UE celebrará en Lugo un encontro sobre políticas de envellecemento activo...

A UE celebrará en Lugo un encontro sobre políticas de envellecemento activo e reto demográfico

Segundo o Concello, o obxectivo desta xornada é impulsar un proxecto cunha estratexia renovada para as persoas maiores, contando coa participación dos colectivos lucenses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo confirmou este sábado que a cidade será a sede dun encontro de comisarios de alto nivel da Unión Europea o próximo 8 de setembro sobre políticas de envellecemento activo e reto demográfico.

Nesta ocasión, o Vello Cárcere será o escenario da reunión á que asistirán o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, a vicepresidenta da Comisión Europea para Democracia e Demografía, Dubravka Suica, xunto con varios secretarios de Estado.

Ademais, unha delegación do Ministerio visitou estes días a cidade e foi recibida pola alcaldesa, Lara Méndez, para abordar a organización do evento.

Segundo o Concello, o obxectivo desta xornada é impulsar un proxecto cunha estratexia renovada para as persoas maiores, contando coa participación dos colectivos lucenses.

“Porque Lugo conta para o Executivo central e así nolo está demostrando con feitos como a rotonda de Alfonso X, a Estación Intermodal ou a inclusión do municipio no Corredor Atlántico de Mercadorías”, destacou a alcaldesa.

Así mesmo, Méndez subliñou a importancia simbólica de realizar o encontro no antigo recinto do cárcere. “Das posibles localizacións, elixiron o Vello Cárcere como lugar para desenvolver esta xunta que estará vinculada ao reto demográfico e ao envellecemento activo, en recoñecemento ás boas prácticas que impulsa o Concello de Lugo en canto á implantación de políticas activas de promoción da participación na terceira idade”, afirmou.

España ocupará a presidencia da Unión Europea desde o 1 de xullo ata o 31 de decembro de 2023, polo cal o Goberno ten planeado realizar encontros sectoriais e informais da UE en diferentes lugares do país durante o seu mandato.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...