InicioPolíticaTomé replícalle a Candia que ela mesma falou de "anónimos" e vincúlaos...

Tomé replícalle a Candia que ela mesma falou de “anónimos” e vincúlaos a unha “estratexia do PP” contra Besteiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo e secretario xeral do PSOE de Lugo, José Tomé, respondeu á candidata do PP á Alcaldía de Lugo, Elena Candia, que ela mesma falou de “anónimos” ante a Fiscalía e vinculounos a unha “estratexia do PP” contra o que fose secretario xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro.

Así o manifestou despois de que, en declaracións á Cadea Ser, a dirixente do PP asegurase que ela entregou ao Ministerio público documentación que “non era anónima” senón “dun servizo” e que “identificaba con nomes e apelidos determinadas prácticas” e acusase os socialistas de levar a cabo unha campaña “con medias verdades” para “atacala” e “danar a súa imaxe”.

“A señora Candia ten unha ensaladilla mental tremenda”, sostivo José Tome, que asegurou que ela mesma na declaración que fixo ante o fiscal di que “é un anónimo” e que “perdeu o sobre”. “Está por escrito e asinado, que revise a documentación”, sostivo.

Ademais, José Tomé vinculou estes “anónimos” cunha “estratexia” do PP para facer dano político e persoal a Besteiro. “Sabe perfectamente que é unha estratexia do PP, que se aprazou un pleno do Parlamento no que se ían a nomear os senadores por designación autonómica sabendo que algo se ía a producir”, dixo para lembrar que “o atrasaron 15 días” para que “houbese auto de imputación” e non se puidese elixir a José Ramón Gómez Besteiro, que deste xeito fose aforado. Por todo iso, emprazou a Candia a “recuperar a memoria”. “Porque ela mesma foi ao fiscal a comparecer e declarou e afirmou que era un anónimo”, dixo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...