InicioPolíticaO PSdeG vive unha xornada intensa de presentación de candidaturas e Besteiro...

O PSdeG vive unha xornada intensa de presentación de candidaturas e Besteiro apoia á aspirante de Guitiriz

Reivindicou o papel do PSdeG, que "cando hai algún problema non escapa"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSdeG, do mesmo xeito que o resto de formacións, viviu unha xornada intensa na que os seus dirixentes se dividiron para participar en diversas presentacións de candidaturas. É o caso do delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro, quen se desprazou a Guitiriz para apoiar á candidata socialista, Marisol Morandeira.

Ademais de eloxiar á candidata, Besteiro reivindicou o papel do PSdeG, que “cando hai algún problema non escapa”. “O noso único obxectivo é mellorar a vida dos veciños e veciñas de Guitiriz, de Galicia e de España. A política é e debe ser alegría”, sentenciou.

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o secretario provincial, Bernardo Fernández, participaron en Frades na presentación dos distintos candidatos ás alcaldías do interior da provincia da Coruña.

A CORUÑA

Así mesmo, aínda que os integrantes da súa lista xa se deron a coñecer, a candidata socialista á reelección na cidade da Coruña, Inés Rey, presentou ao seu equipo completo baixo a lema de ‘A Coruña que avanza’

Fíxoo ante a que está chamada a ser futura sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia), onde proclamou: “Temos un proxecto para A Coruña do próximos dez anos e o noso obxectivo é que siga avanzando”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...