InicioSucesosO acusado de matar a Tatiana Vázquez, nos xulgados de Lugo: «Son...

O acusado de matar a Tatiana Vázquez, nos xulgados de Lugo: «Son inocente»

O único acusado polo asasinato de Tatiana Vázquez en 2016, así como dun delito de malos tratos no ámbito familiar durante seis anos de relación, proclamou a súa inocencia á súa chegada este martes aos xulgados lucenses

PUBLICADA O

- Advertisement -

O único acusado de asasinar á moza de 24 anos Tatiana Vázquez en abril de 2016, así como dun delito de malos tratos no ámbito familiar durante seis anos de relación, Ibrahima N., proclamou á súa chegada este martes aos xulgados lucenses: «Son inocente. Non teño nin puta idea de toda esta merda que está montada».

Pasadas as 11.00 horas deste martes, Ibrahima N., de 33 anos de idade, chegaba procedente da prisión de Bonxe ao edificio xudicial en Lugo escoltado por catro gardas civís, esposado e coa cara sen tapar, e alí proclamou a súa inocencia ante preguntas dos medios. O xuízo comeza este martes e a sala da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo está reservada até o 25 de maio.

A vista celebrarase con xurado popular e está previsto que pola sala pasen arredor de medio cento de testemuñas. Mentres que o Ministerio Fiscal pide 27 anos e medio de cadea para o acusado, a defensa solicita a absolución por entender que faltan probas e que non está motivado que el fose o autor do crime.

RELATO FISCAL

No relato fiscal, recóllese que na noite do día 8 ao 9 de abril de 2016, sobre as 3.40 horas, Tatiana Vázquez acudiu á habitación dunha pensión onde residía temporalmente o acusado. Sobre as 4.10 h., ámbolos dous abandoaron a pensión e subiron ao vehículo propiedade do pai da vítima e chegaron até un lugar despoblado, na rúa Fonte da Bica de Lugo.

«Aproveitando a súa superioridade física e o feito de que ninguén podería acudir na súa defensa, atacouna cando estaba dentro do coche, utilizando un coitelo ou arma branca similar, cunha folla de polo menos 11 centímetros de lonxitude, que cravou no seu corpo repetidamente, até en 54 ocasións, provocándolle múltiples feridas inciso-contusas, sabendo que deste xeito aumentaría o sufrimento da vítima ata que se producise a súa morte, que tamén buscaba», relata o ministerio fiscal.

Fiscalía pide que, unha vez cumpridas as dúas terceiras partes da condena, ou cando o penado acceda ao terceiro grao ou liberdade condicional, a pena privativa de liberdade que reste por cumprir sexa sustituida pola expulsión de territorio español, coa prohibición de entrar durante dez anos. Ibrahima N. está en situación irregular en España.

Por outra banda, o acusado deberá abonar as costas procesuais, de maneira que deberá indemnizar con 90.000 euros ao pai e outro tanto á nai, ademais de pagar 35.000 euros ao irmán da vítima. O avogado da defensa, César Lodos, asegurou que segue «crendo cos ollos pechados» ao seu cliente e criticou que «non se seguiron outras vías de investigación».

A nai non ten «ningunha dúbida» da culpabilidade de Ibrahima

Manuela Abuín, a nai da moza de 24 anos Tatiana Vázquez, cuxo corpo apareceu en 2016 cosido a puñaladas nun coche nun barrio lucense, asegurou á entrada dos xulgados que cre «totalmente» que o acusado é o responsable do crime da súa filla e dixo non ter «ningunha dúbida» da súa culpabilidade. Ademais, declarouse aliviada de que haxa xuízo.

O xuízo polo crime de Tatiana Vázquez arrincou este martes coa elección do xurado popular e a sala da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo está reservada até o 25 de maio. O xurado está composto por sete mulleres e catro homes (dous son suplentes).

Pola súa banda, o único acusado de asasinar á moza, así como dun delito de malos tratos no ámbito familiar durante seis anos de relación, foi ameazado coa expulsión da sala xudicial despois de proclamar que é «mentira» cando o relato fiscal o sinalaba como responsable. «Iso é mentira. Non vou calar», interrompeu o acusado o relato fiscal.

ÚLTIMAS

Detido en Vilalba por golpear cunha botella de cristal na cabeza a outro home

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Vilalba a un veciño de Lugo, de 47...

Iniciativas do PSdeG para reclamar un Plan de Rescate das pallozas do Piornedo

O Partido Socialista de Galicia presentará unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia...

Trasladan en helicóptero a un operario despois dunha caída nun parque eólico en Muras

Un operario resultou ferido este martes ao sufrir unha caída cando traballaba nun parque...

Xulgan a un administrador concursal que se apropiou indebidamente de 112.800 euros da sociedade

A Audiencia Provincial de Lugo fixou para o vindeiro martes, día 4, o xuízo...