InicioPolíticaLara Méndez, sobre a 'fichaxe' dun exedil do seu goberno polo PP:...

Lara Méndez, sobre a ‘fichaxe’ dun exedil do seu goberno polo PP: “Cando marchou recoñeceu a súa incapacidade”

Por outra banda, o PSOE provincial de Lugo censurou o "xogo sucio" que, din, practica Elena Candia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo e aspirante á reeleción polo PSOE, Lara Méndez, encadrou nunha decisión persoal a ‘fichaxe’ do exedil do seu goberno ata marzo de 2021, Miguel Couto, pola lista da candidata á Alcaldía da capital provincial do PP, Elena Candia.

“Cando marchou recoñeceu a súa incapacidade para levar a cabo o proxecto que tiña encomendado”, sinalou Méndez a preguntas dos xornalistas este luns, o día despois de coñecerse que Couto é un dos nomes da lista dos populares para a área de urbanismo.

Neste sentido, a rexedora socialista apuntou que “todo o mundo pode facer xiros na súa vida” e que, neste caso, trátase dun “xiro de 180 graos”. Por último, defendeu que desde a súa saída do goberno local hai dous anos “impulsouse” desde a área de urbanismo asuntos como a demolición de O Garañón, a aprobación do 5% do plan xeral de ordenación municipal que quedaba pendienet ou as licenzas do rural.

“XOGO SUCIO” DE CANDIA

Por outra banda, o PSOE provincial de Lugo censurou o “xogo sucio” que, din, practica Elena Candia, á que acusan de “tentar despistar” sobre a súa “responsabilidade” na imputación fai oito anos de José Ramón Gómez Besteiro.

“O tempo coloca a cada un no seu sitio: o luns, José Ramón Gómez Besteiro volveu pola porta grande á primeira liña da política galega nun acto multitudinario na súa toma de posesión como delegado do Goberno, e a persoa que tentou acabar con el con artimañas mezquinas, mentiras e inventos marchouse pola porta de atrás”, sinalou nun comunicado o PSOE lugués sobre a renuncia de Candia como primeira tenente de Alcalde en Mondoñedo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...