InicioSociedadeInclusión abrirá un centro de acollida de refuxiados en Castro de Rei...

Inclusión abrirá un centro de acollida de refuxiados en Castro de Rei para 250 persoas

As obras comezarán o ano que vén

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións acordou coa Deputación de Lugo a posta en marcha dun centro de acollida de protección internacional (CAPI) en Castro de Rei.

O desenvolvemento deste centro será posible grazas á cesión realizada pola deputación dunha parcela de case 43.000 metros cadrados, na que se sitúa un hospital en desuso, segundo informou o Ministerio de Inclusión nun comunicado.

O centro de Castro de Rei, cuxas obras comezarán o ano que vén, terá unha capacidade para 250 persoas nun recinto no que haberá espazos comúns, ademais do comedor, talleres e espazos deportivos deseñados polo Comité Olímpico Español (COE). O Ministerio realizará un investimento duns 12 millóns de euros e estímase que a posta en marcha do CAPI creará entre 20 e 25 empregos directos, e uns 45 indirectos.

O ministro de Inclusión, José Luís Escrivá, transmitiu ao presidente da deputación de Lugo, José Tomé Roca, o seu agradecemento pola colaboración para facer posible que Galicia e, en concreto este municipio, participe na integración das persoas solicitantes de protección internacional que acceden ao sistema de acollida.

O presidente provincial sinalou que “a satisfacción hoxe é enorme e é dobre”, porque conseguen “recuperar para uso público estes terreos públicos grazas á iniciativa e ao apoio do Goberno do Estado” e porque o fan con “un proxecto de alto valor social, que prestará unha atención adecuada e inmediata a esas persoas que, desgraciadamente, teñen que saír dos seus países de orixe por unha situación de emerxencia”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...