InicioSucesosDous veciños de Meira investigados por delitos de ameazas e danos nun...

Dous veciños de Meira investigados por delitos de ameazas e danos nun vehículo

A Garda Civil investigada a dous veciños da localidade lucense de Meira, de 41 e 42 anos de idade, como supostos autores dun delito de ameazas e outro de danos nun vehículo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investigada a dous veciños da localidade lucense de Meira, de 41 e 42 anos de idade, como supostos autores dun delito de ameazas e outro de danos nun vehículo.

Segundo explica a Benemérita, os autores causaron danos de consideración nun turismo propiedade da persoa denunciante. Ademais, presuntamente tiraron unha pedra á porta do seu domicilio, causándolle danos na mesma e ameazándoa verbalmente.

Pola súa banda, a Garda Civil tamén investiga a un veciño de Lugo, de 21 anos de idade, por un delito de apropiación indebida despois de que o pasado verán supostamente se apropiase do diñeiro da recadación dos establecementos de venda ambulante dunha empresa de hostalaría da localidade de Foz.

Así mesmo, investígase a un veciño das Pontes de García Rodríguez, de 55 anos de idade, como suposto autor dun delito de simulación de delito e abandono de animais domésticos. O home finxiría un roubo con forza de 11 cabezas de gando vacún, un comedeiro para animais e un remolque-cisterna, sendo recuperados os dous últimos.

Con todo, supostamente desde hai meses as reses estaban desatendidas, sen recibir a comida necesaria para a súa subsistencia e deambulando sen control pola vía pública e outras parcelas particulares, causando danos nos peches e hortas lindeiras, “pondo en perigo a integridade dos veciños e usuarios da rede viaria”.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...