InicioCulturaO Arde Lucus acada o recoñecemento de Festa de Interese Turístico internacional

O Arde Lucus acada o recoñecemento de Festa de Interese Turístico internacional

A alcaldesa desta o traballo das organizacións e asociacións para "recrear as orixes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou esta tarde que o Arde Lucus vén de obter a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, logo de que a finais do ano pasado o Concello iniciara a tramitación para acadar este distintivo tras o “labor e implicación do tecido asociativo que converteu esta celebración local nunha cita única en España”.
“É aos e ás lucenses que cada edición e durante todo o ano traballan de forma infatigable para recrear con fidelidade as nosas orixes, aos que compre atribuír a obtención desta distinción”, dixo Méndez en rolda de prensa.
A mandataria lucense fixo extensiva a súa gratitude non só ás 19 asociacións de recreación histórica que forman parte da organización dos festexos e que aglutinan a preto dun millar de socios e socias, senón tamén a moitas outras persoas que mobilizan a amigos e familiares e que cooperan na preparación de actividades programadas. Como decisivo é tamén o traballo que levan a cabo os distintos sectores da cidade, os patrocinadores e tamén os centros educativos, así como o equipo técnico municipal”.
O Arde Lucus foi foi declarada festa de Interese Turístico de Galicia en 2012  e no 2017 conseguiu o recoñecemento de festa de Interese Turístico Nacional.

+ posts

ÚLTIMAS

Xulgan un home acusado de agresión sexual á técnica da ONG que o acollía

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo viu este martes o caso contra...

Violento altercado entre dous acusados por agresión sexual na Audiencia de Lugo

Dous mozos protagonizaron este martes na Audiencia Provincial de Lugo un altercado no xuízo...

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

‘Coñece a túa Provincia’ leva a 130 persoas a cinco destinos diferentes de Lugo

  O programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños...