InicioSucesosEn liberdade o home e a muller detidos por tráfico de drogas

En liberdade o home e a muller detidos por tráfico de drogas

O home foi interceptado cun total de 35 doses de heroína

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, en funcións de garda, deixou en liberdade, pero investigada por un delito contra a saúde pública, á muller detida o luns por tráfico de drogas. O outro apresado, un home, foi liberado tras pasar por dependencias da Policía Nacional.

No marco desta operación foron incautados 3,5 gramos de droga –á espera de confirmación de peso e da análise de pureza– e 105 euros en efectivo.

As detencións, segundo informan fontes xudiciais, producíronse na tarde do luns. Ambos foron interceptados momentos despois de realizar un intercambio de diñeiro e estupefacientes.

Os axentes observaron a unha muller nun vehículo que se puxo en contacto cun viandante. Este último subiuse ao coche e, tras compartir un breve traxecto, o home saíu tras realizar o intercambio.

Así, o home foi interceptado cun total de 35 dose de heroína do intercambio que acababa de facer no automóbil, polo que foi detido. A Policía tamén apresou á muller, á que se lle interveu o diñeiro que, supostamente, proviña da actividade ilícita.

Segundo explica a Policía Nacional, a muller dedicábase a transportar as sustancias estupefacientes á cidade para distribuílas aos vendedores, que son os que finalmente as facían chegar aos consumidores finais.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...