InicioPolíticaLara Méndez asinará con Adif e a Xunta o convenio para avanzar...

Lara Méndez asinará con Adif e a Xunta o convenio para avanzar na estación intermodal

Adif achegará 31 millóns de euros; a Xunta, 13,6 millóns; e o Concello de Lugo, 4,7 millóns

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinará o próximo 17 de marzo, cos responsables de Adif e da Xunta, o convenio que permitirá avanzar na construción da estación intermodal de Lugo, infraestrutura “imprescindible” para o futuro da cidade e o desenvolvemento das comunicacións do municipio.

Segundo explica o Concello de Lugo nun comunicado, este convenio é “imprescindible” para dar pasos adiante, xa que o documento recolle as obras que corresponden executar a cada administración, así como as achegas económicas de cada unha e as anualidades, nun proxecto no que se investirán 50 millóns de euros.

Así, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias achegará 31 millóns de euros; a Xunta, 13,6 millóns; e o Concello de Lugo, 4,7 millóns, correspondentes estes con o cofinanciamento, xunto con Adif, do novo paso inferior peonil de uso libre que comunicará o barrio de Paradai e o de Sacro Corazón, así como a urbanización dos viarios e da contorna inmediata no que se construirá a nova dotación.

Respecto diso, a rexedora lembrou que xa foi no mandato pasado cando ela, reivindicou, “puxo este proxecto na axenda política”, entendendo que se trata dunha infraestrutura “vital” para incrementar a competitividade e conectividade co resto do país, reunindo as estacións de autobuses e tren no lugar no que agora se atopa esta última e mellorando as liñas ferroviarias para alcanzar a alta velocidade.

Ademais, Lara Méndez subliñou que “posiblemente” xa se podería gozar da nova intermodal “se o PP non paralizase e suspendese unha adxudicación que xa estaba en vigor en 2012”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...