InicioLugo e contornaLugoTrasladada a condutora dun patinete eléctrico tras chocar contra un coche en...

Trasladada a condutora dun patinete eléctrico tras chocar contra un coche en Lugo

Identificado o propietario dun vehículo acondicionado como 'foodtruck' que non tiña permiso para repartir comida

PUBLICADA O

- Advertisement -

A condutora dun patinete eléctrico foi trasladada o venres a un centro sanitario en ambulancia despois de recibir un golpe tras chocar contra un vehículo en Lugo.

Os feitos, segundo informa a Policía Local, ocorreron á primeira hora da noite do venres na Rolda da Muralla. Ao parecer, o vehículo de mobilidade persoal –como se lles denomina aos patinetes eléctricos– circulaba en sentido Avenida da Coruña cando se lle cruzou o coche na súa traxectoria.

A condutora caeu ao chan e, como presentaba dor nunha perna e en ambas as mans, foi trasladada en ambulancia a un centro sanitario. Por estes feitos o equipo de Ateigados da Local instruíu as dilixencias oportunas.

Ademais, o corpo municipal denunciou o sábado de madrugada por senllos delitos contra a seguridade viaria a dous condutores por triplicar a taxa máxima de alcoholemia permitida.

‘FOODTRUCK’ SEN AUTORIZACIÓN

Por outra banda, a Policía Local identificou na tarde do sábado ao propietario dun vehículo, acondicionado como ‘foodtruck’, que repartía comida a un grupo de persoas sen ter licenza na rúa San Froilán.

Foi a Policía de Barrio a que detectou este coche cun remolque cos laterais abertos e que tiña un cable que o enganchaba ao baixo dun edificio, en cuxo interior había varias mesas de venda de distintos artigos, persoas consumindo bebidas e comida e un equipo reprodutor de música.

Os axentes identificaron o propietario do remolque e, ao non dispor de autorización, ordenóuselle que retirase o vehículo. Así mesmo, identificouse o dono do baixo porque non tiña permitida a instalación de aparellos de música.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...