InicioSociedadeElena Candia asegura que "cada día" Lugo é "unha cidade menos segura"...

Elena Candia asegura que “cada día” Lugo é “unha cidade menos segura” e demanda máis dotación policial

Pola súa banda, Miguel Tellado, augurou que Elena Candia "será unha boa alcaldesa, porque é unha boa persoa"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata do PP á alcaldía de Lugo, Elena Candia, denunciou que “cada día” se aprecia nos medios de comunicación que a cidade luguesa é “menos segura”, polo que demandou un incremento dos efectivos policiais.

A responsable popular estivo arroupada este venres na praza de abastos de Lugo polo vicesecretario de organización do PP, Miguel Tellado, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado do Río.

“Cada día vemos nos medios de comunicación datos que reflicten que Lugo é unha cidade menos segura, e para iso hai que tomar medidas. As accións que toma o goberno de Sánchez repercuten negativamente en restituír a seguridade, moi necesaria nalgúns barrios da cidade de Lugo”, engadiu.

“Coñeciamos o borrador de concurso de traslados (Policía Nacional) e volvía discriminar á nosa cidade, porque ese concurso propuña para Xirona máis do dobre de prazas que Sánchez lle dá a Lugo. Todos somos coñecedores da necesidade que ten a cidade de incrementar a presenza policial”, reivindicou.

A tamén presidenta do PP de Lugo demandou “sensibilidade á alcaldesa (Lara Méndez), do mesma cor política que o goberno de Pedro Sánchez, ante temas como a ocupación (ilegal de vivendas) que é algo que preocupa moito á cidadanía lucense”.

Pola súa banda, Miguel Tellado, augurou que Elena Candia “será unha boa alcaldesa, porque é unha boa persoa”. “Está a traballar duro nese obxectivo dela e do partido, que é colocar na alcaldía de Lugo a unha alcaldesa do PP cun goberno unido e solvente para esta cidade, que non pode perder máis trens”, subliñou o vicesecretario de organización do PP.

Tellado mostrouse convencido de que “Elena Candia da man de Alfonso Rueda e da man de Alberto Núñez Feijoo pode reverter a situación de illamento histórico desta cidade e desta provincia”. “Creo que o proxecto de Elena Candia é un proxecto de cidade, que está por encima de nosas propias siglas”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...