InicioSociedadePersoal de atención primaria "ao límite" cun 25% de absentismo, advirte Satse

Persoal de atención primaria “ao límite” cun 25% de absentismo, advirte Satse

O delegado de Satse sinala que a situación repercute na atención aos pacientes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sindicato de enfermaría Satse alertou de que o servizo de atención primaria en Lugo presenta taxas de absentismo laboral de arredor dun 25%.

Así o manifestou o delegado en Lugo de Satse, Manuel Veiga, que sinalou que esta situación se produce como consecuencia de que o persoal sanitario atópase “ao límite”.

“As políticas, a forma de contratación, a forma de traballo a que nos someten provoca que o persoal estea inseguro e intranquilo“, incidiu o representante sindical, que puxo o acento en que isto repercute na atención que reciben os pacientes.

“A presión asistencial inflúe e ao final acabamos rebentados e collendo a baixa porque é que hai cousas que non se poden permitir. A presión é constante”, remarcou.

Como mostra disto sinalou os datos da PAC de Fingoi, na cidade de Lugo, no que son atendidos diariamiente “entre 180 e 200 pacientes”, unha cifra que Veiga considera “moi elevada” para un centro que conta con tres equipos en funcionamento durante o día e dous pola noite.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...