InicioLugo e contornaLugoO avogado do acusado do asasinato de Tatiana: "En Lugo non estamos...

O avogado do acusado do asasinato de Tatiana: “En Lugo non estamos afeitos a cousas tan atroces”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado de Ibrahima N., condenado polo asasinato da moza lucense Tatiana Vázquez en 2016, anunciou que renuncia a continuar coa defensa un día despois de que Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimase o recurso de apelación interposto polo seu defendido, condenado a 25 anos de prisión polo crime da que fora a súa parella, ocorrido en abril de 2016 en Lugo.

“Unha cidade como Lugo, na que non estamos afeitos a cousas tan atroces como o que ocorreu con Tatiana, custoume como todo cidadán deica que se coñeceu o que pasou; se hai un culpable, se hai dous, o que queira que ocorreu e puxen todo o esforzo en que fose así”, resumiu Lodos.

Ademais, dixo que lle chamou a atención a rapidez coa que se emitiu sentenza, en apenas dúas semanas. “Foi visto e non visto. Foi unha sentenza moi rápida”, dixo, sorprendido.

Sobre a súa retirada do caso sinalou que está tendo un “custe emocional” moi grande. “Eu tentei defendelo, non só por defender a súa inocencia senón porque se soubese a verdade do que ocorreu”, indicou.

+ posts

ÚLTIMAS

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...