Home Lugo e contorna Propietarios de vivendas afectadas polos incendios de xullo en Lugo reciben as axudas de reconstrución da Xunta

Propietarios de vivendas afectadas polos incendios de xullo en Lugo reciben as axudas de reconstrución da Xunta

0
Propietarios de vivendas afectadas polos incendios de xullo en Lugo reciben as axudas de reconstrución da Xunta
A Conselleira De Medio Ambiente, Territorio E Vivenda, Anxos Vázquez, Este Venres XUNTO A Propietarios De Vivendas Afectadas Polos Incendios De Xullo En Lugo,. XUNTA DE GALICIA

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, sinalou este venres que a Xunta “xa abonou” as axudas concedidas para reconstruír as vivendas afectadas polos incendios rexistrados na provincia de Lugo o pasado mes de xullo.

Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, Vázquez explicou que “se concederon 19 axudas, todas as solicitadas, o que supuxo un financiamento de máis de 1 millón de euros”. Así, detallou que se tramitaron e pagaron 17 subvencións no municipio de Folgoso do Courel e dous no de Pobra de Brollón.

Deste xeito, lembrou que o Goberno galego sufraga o 100% do valor de reposición en caso de ruína da residencia habitual e de instalacións complementarias, e tamén ata ese máximo para cubrir os gastos de ser posible a reparación ou rehabilitación, sen que o importe poida superar os 122.400 euros.

Nesta liña, para as residencias non habituais, a axuda pode alcanzar os 61.200 euros, tanto no caso de determinarse a ruína como no de rehabilitación ou reparación.

Así mesmo, Vázquez resaltou que en total se destinaron 6,6 millóns de euros a paliar os danos ocasionados polos incendios que no verán de 2022 afectaron as comarcas do Courel e Valdeorras.

+ posts