InicioSociedadePropietarios de vivendas afectadas polos incendios de xullo en Lugo reciben as...

Propietarios de vivendas afectadas polos incendios de xullo en Lugo reciben as axudas de reconstrución da Xunta

O Goberno galego sufraga o 100% do valor de reposición en caso de ruína da residencia habitual

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, sinalou este venres que a Xunta “xa abonou” as axudas concedidas para reconstruír as vivendas afectadas polos incendios rexistrados na provincia de Lugo o pasado mes de xullo.

Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, Vázquez explicou que “se concederon 19 axudas, todas as solicitadas, o que supuxo un financiamento de máis de 1 millón de euros”. Así, detallou que se tramitaron e pagaron 17 subvencións no municipio de Folgoso do Courel e dous no de Pobra de Brollón.

Deste xeito, lembrou que o Goberno galego sufraga o 100% do valor de reposición en caso de ruína da residencia habitual e de instalacións complementarias, e tamén ata ese máximo para cubrir os gastos de ser posible a reparación ou rehabilitación, sen que o importe poida superar os 122.400 euros.

Nesta liña, para as residencias non habituais, a axuda pode alcanzar os 61.200 euros, tanto no caso de determinarse a ruína como no de rehabilitación ou reparación.

Así mesmo, Vázquez resaltou que en total se destinaron 6,6 millóns de euros a paliar os danos ocasionados polos incendios que no verán de 2022 afectaron as comarcas do Courel e Valdeorras.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...