InicioSucesosA "única hipótese razoable" apuntaba ao acusado, sinala un dos inspectores do...

A “única hipótese razoable” apuntaba ao acusado, sinala un dos inspectores do caso Cash Record

O inspector explicou que "consideraron certa" a declaración do testemuño do toxicómano "xa contou detalles do atraco que lle tivo que contar alguén implicado".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O inspector da Policía Nacional que levou a cabo un informe no que analizou detalladamente o sumario do caso do crime do Cash Record do Ceao anos despois dos feitos, que ocorreron en 1994, sinalou que a “única hipótese razoable” apuntaba ao acusado, M.J.V.C., como autor dos feitos.

Nesta terceira xornada do xuízo polo crime do Ceao na Audiencia Provincial de Lugo, no que foron asasinados unha caixeira e un reponedor, este inspector considerou crible a declaración dun dos toxicómanos –– xa falecido — que, no seu momento, declarou que o acusado lle ofreceu participar no atraco.

Deste xeito, explicou que “consideraron certa” a declaración do testemuño do toxicómano “xa contou detalles do atraco que lle tivo que contar alguén implicado”. Así, indicado que “o declarou ante a Policía e ratificouno ante o xuíz”.

Ademais, destacou que outra testemuña, que foi chamado a declarar 15 anos despois dos feitos, confirmou ver un coche sospeitoso con tres persoas o día dos feitos. No recoñecemento fotográfico, sinalou que o acusado é “o que máis se parecía” aos homes que vira aquel día no polígono.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...